back to top
Quarta-feira, Outubro 30, 2024

Novidades

Notícias Relacionadas

A lingua falada entre vós e nós é moi semellante

O peregrino português reflete humildade, tornando-se exemplo para nós

Em dezembro de 2020, abriu-se a Porta Santa da Catedral de Santiago de Compostela, inaugurando o Ano Jacobeu de 2021. Sempre que a festa do Apóstolo Santiago (25 de julho) coincide com o domingo, a Igreja proclama-o como Ano Santo Jacobeu. O último foi em 2010.

Fomos entrevistar Dom José Fernández Lago, sacerdote desde 1967. Nomeado Cónego Leitoral em 1979 (5 de janeiro), e Deão do Cabido desde fevereiro deste ano.

Sérgio Carvalho (SC) – Agradecemos a Dom José a amabilidade de nos conceder esta entrevista que será publicada em Portugal. Conhece Portugal e a Igreja em Portugal?

Dom José Fernández Lago (JFL) – Coñezo mais que nada o Norte de Portugal (Porto, Braga, Nosa Señora do Sameiro…).. Pasei un día visitando Lisboa, de onde saín pola noite para Xerusalén, cando ía estudar alí. Tamén coñezo Fátima, onde estiven tres veces, e onde tratei de vivir a espiritualidade que allí se respira. Asimesmo coñezo Sant’Antonio dei Portoghesi, de Roma, e a Mons. Agostinho, o seu párroco, e iso, e o coñecer o Pontificio Colexio Portugués e a algúns dos seus residentes, levoume a estar moi preto dos portugueses que se movían pola Cidade Eterna. Ademais, o que respiran aquí os que veñen en peregrinación a Santiago, faime valorar a súa fe, moi fonda, en persoas de certo humildes. 

A Igrexa en Portugal coñézoa a traveso da relación que tiven e teño con algunhas persoas que estudiaron comigo en Roma (Mons. Antonio Bessa Taipa, Mons. Arnaldo Pinto Cardoso, e o que era nos anos 70 Rector do Colexio Portugués de Roma, que últimamente era o Bispo de Vila Real…; tamén o xesuíta Pedro Romano Rocha (Q. E. P. D.) Asimesmo é amigo D. Armando Ribeiro, de Lamego. Foi él quen traduciu un libriño meu sobre o Apóstolo Santiago, coa súa novena, ao portugués

SC – A Galiza e Portugal estão intimamente ligados, desde a História, passando pela língua, religião e devoção a Santiago. Como vê esta ligação umbilical, quase de irmãos gémeos?

JFL– Síntome tan ligado a vós, que, cando trato convosco, venme o falar en galego… A lingua falada entre vós e nós é moi semellante: a diferencia vese mais na escritura. Eu sufrín moito nestes últimos tempos, cando pecharon algunhas fronteiras… Santiago une moito; e os Santos Froitoso, Silvestre, Cucufate e Víctor, dos que Xelmírez trouxera os restos para acó e que unha parte deles se lles devolveron a Don Maurilio, o Arcebispo de Braga, tamén nos achegan a algúns crentes. Eu síntome moi preto dos irmáns de Portugal; e, sempre que hai un grupo portugués entre outros de outras nacións, sempre predico unha boa parte en galego, pola semellanza entre as dúas linguas, que tiveron unha mesma orixe.

SC – Estamos a viver um Ano Jacobeu. Como se tem vivido este ano santo, em tempos de pandemia e com as fronteiras fechadas? Quando as fronteiras reabrirem como será?

JFL– Coas fronteiras pechadas vivimos de esperanza. A nosa sociedade occidental, tan autosuficiente, precisaba de algo que lle fixera baixar a testa e despois elevala para ollar cara o ceo. Mesmo cando abran as fronteiras teremos que agardar algún tempo, para que abran tamén os albergues. Quizais as persoas renovadas por mor do que tiveron que pasar co covid19, buscarán vivir a súa fe con certa profundidade, mais da que demostraban noutros tempos, aínda que xa dixen: o peregrino portugués rebosa humildade, resultando exemplar para todos nós.

SC – O que a Igreja compostelana tem preparado para que se viva intensamente este Ano Jacobeu e o acolhimento aos peregrinos portugueses, em particular?

JFL– Eu sinto necesidade de pedir excusa; e precisamente iso vaime levar a recibir aos que cheguen co corazón aberto, para acoller a todos. Na Catedral, nos últimos anos, faciamos unhas vixilias dunha hora de duración, nas que os peregrinos tiñan a posibilidade de se pronunciar e dar así testemuño da súa experiencia. Ás veces algunha xente portuguesa dinos que non se sabe confesar…, querendo significar que non coñecen a lingua… Eu sempre lles digo: E logo vostede non me entende se eu lle falo así…? Coido que a confesión na Catedral onde se conservan os restos do Apóstolo Santiago deixa renovado a quen chega e mais a quen se senta para confesar.

SC – Os peregrinos portugueses que percentagem representam no total de peregrinos acolhidos pela catedral?

JFL– A porcentaxe de peregrinos portugueses acollidos pola Catedral em 2020 foron 2.971: en total, un 5,49% dos alí chegados. No que atinxe ao ano 2019 foran 17.450, o 5,96 do total. Vese a diferencia no número absoluto, por mor da pandemia.

SC – O Caminho Português (ou Caminhos portugueses: central, costa, geira) têm sido muito percorridos? Estão bem implantados e com infraestruturas?

JFL– No que atinxe aos camiños portugueses, os datos recollidos na Oficina de Acollida Cristiá nos camiños, reflecten os do Camiño Central e mais os do Camiño da Costa. No referente ao camiño da Geira, por ser aínda minoritario, inclúese na categoría de “Outros camiños”. 

  1. No ano 2019: Chegaron polo camiño portugués Central, 72.351: un 20,88%

Chegaron polo Camiño portugués da Costa: 22.291 un 6,41%

No ano 2020: Polo Camiño portugués Central, chegaron 10.253 peregrinos: un 18’94 %.

Polo Camiño portugués da Costa, chegaron 2.736: un 5’05 %

Vese ben o descenso provocado polo Covid19, que fixo que baixara moito o número de peregrinos.

  • No que atinxe ás infraestructuras, en xeral o Camiño se atopa moi mermado nos servizos que pode ofrecer, por razón da pandemia: hai albergues privados e públicos pechados, e uns poucos abertos. 

O portugués Central conta con todos os servizos e infraestructuras, polo menos no que concerne ao tramo de Porto a Santiago, especialmente na parte española. 

O da Costa tampouco amosa deficiencias neste sento: certo que hai menos albergues, pero, como a demanda é menor, tampouco hai problema para se aloxar ou comer en cada etapa.

O Camiño da Geira e dos arrieiros, sen embargo, mesmo se fixeron un grande esforzo para o sinalar axeitadamente e para o promover, non ten aínda ese tipo de establecementos, dirixidos en exclusiva aos peregrinos. De todos xeitos, as etapas que se propoñen están pensadas de forma que rematen cada xornada no lugar, aldea ou vila, con pensións e outro tipo de aloxamentos que, aínda que non son específicamente para peregrinos, poden ser moi útiles para estes.

SC – A Igreja anunciou que o Ano Santo será prolongado até 2022? Será tudo como em 2021 ou como estava preparado, antes da pandemia? Não se perderá a mística do ano santo?

JFL– Nós agora queremos insistir na espiritualidade, pois de feito o camiño é un camiño de espiritualidade, mesmo para aqueles que saen da casa como turistas. Conscentes de que a persoa humá precisa de algo mais do que o mundo lle intenta dar, queremos ofrecer diversas posibilidades, para que o peregrino se converta nun membro útil e importante para a sociedade. Coido que a condición cristiá ben vivida, non debe alonxar da xente, se non que axudará a que os cristiáns sexamos fermento na nosa sociedade. 

SC – Preside ao Cabido da Catedral desde fevereiro de 2021. Quais os seus grandes objetivos e os objetivos do Cabido da Igreja de Compostela?

JFL– O Cabido de Santiago conseguiu axudas de tipo material, para que o aspecto da Catedral respladecera de fermosura. Sen embargo, como dicía o Señor Arcebispo cando se presentou o templo remozado, agora cómpre ofrecer os mellores sentimentos da nosa interioridade, para axudar á xente a vivir con mais fondura a súa fe. Eu, aínda que sexa Deán desde o mes de febreiro, son Cónigo Teólogo desde hai 42 anos, feitos en xaneiro. Desde aquel momento eu considerei que tiña que transmitir a mensaxe desgranando os textos bíblicos, de xeito que cheguen aos destinatarios con claridade e sinxeleza. A transmisión dos contidos evanxélicos é para min primordial. Certo que, ademais da preparación das homilías -cousa fundamental na miña vida- nós ofrecemos outros actos litúrxicos e mais actos devocionais, para axuda do peregrino. Lémbrome de que, hai once anos (no Ano Santo pasado), presidín mais de duascentas Celebracións Sacramentais da Penitencia. Tamén se teñen as vixilias ás que me referín mais arriba, que unen aos peregrinos das distintas linguas e que os conforta e estimula, enchéndoos de esperanza. Non faltaban, en circunstancias normais, o rezo do Rosario, a exposición do Santísimo, e mesmo o rezo de Vésperas, para quen quixera participar. 

SC – Que mensagem deixa aos peregrinos portugueses?

JFL– Non deixedes de vir en canto poidades. Lembrádevos de que a meta da peregrinación é a Catedral, que alberga os restos de Santiago, o Fillo de Zebedeo. Cando paredes nos albergues do camiño, contádevos as vosas experiencias: non deixedes de abrirvos aos compañeiros de camiño, pois todos precisamos aprender dos demais e vivir con fondura o que outros tamén viven. Pensade que, ao chegar aquí, atopades irmáns que falan unha lingua semellante e viven a súa fe coma un camiño cara a Deus, mesmo se ese Deus se nos comunica mentres camiñamos. Estade sempre á escoita.

José Fernández Lago, nacido en Carril – Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), es Canónigo Lectoral y en la actualidad Deán de la Catedral de Santiago de Compostela, así como Capellán del Monasterio de Monjas Benedictinas de S. Pelayo de Antealtares, de Santiago. Licenciado en Sagrada Escritura por el Pontificio Instituto Bíblico de Roma, y Doctor en Teología por la Pontificia Universidad Gregoriana de Roma, es además “Alumno Titulado en la Escuela Bíblica y Arqueológica Francesa, de Jerusalén”. Ha sido Vicerrector del Seminario Mayor de Santiago de Compostela y Delegado Episcopal para la Formación Permanente del Clero; y, durante los cinco años previos a su jubilación, Profesor Titular de Nuevo Testamento y Director del Instituto Teológico Compostelano. Traductor de una parte importante de la Biblia al gallego, fue también coordinador y revisor, para sucesivas ediciones. Es miembro activo de la Asociación Bíblica Española y de la Asociación Bíblica Católica de los Estados Unidos de América, así como Miembro de Número de la Academia Xacobea. Es además miembro, desde su fundación hace 25 años, de la Asociación Cultural Iubilantes, de Como (Italia). Entre sus numerosas publicaciones, podemos citar La montaña en las homilías de Orígenes (tesis doctoral), El Espíritu Santo en el mundo de la Biblia, Jesús cuenta su vida, Ésta es mi Iglesia, Las Mujeres del Evangelio, Semana Santa, Pascua y su Octava: el camino de la vida; Jesús de Nazaret y su Iglesia, y Eucaristía. Publicó asimismo bastantes novenas en lenguaje actual, entre las que se encuentran la del Apóstol Santiago (traducida del español a cinco lenguas, entre ellas el portugués), y las de la Virgen del Carmen, Virgen de los Dolores, Virgen de Fátima, Virgen del Perpetuo Socorro, San Pedro de Mezonzo, San Nicolás de Bari, Santa Rita, San Martín, San Roque y San Benito.

Entrevista de Sérgio Carvalho

Popular Articles